A Xunta de Galicia inaugura en París a exposición audiovisual “Memoria de Peregrinación” 

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:
Versión para impresiónSend to friendPDF version
A Xunta de Galicia inaugura en París a exposición audiovisual “Memoria de Peregrinación”

O próximo venres, día 13 de xaneiro, ás 18.30 horas, inaugúrase na Sala René Capitant, na céntrica Praza do Panteón de París, a exposición audiovisual organizada pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo “Memoria de Peregrinación.   Camiño de Santiago, primeiro itinerario cultural europeo.”  Á inauguración asistirá a xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Camino Triguero, así como representantes das entidades colaboradoras: Adeline Rucquoi, presidenta da Asociación Francesa de Amigos do Camiño de Santiago, e Jean Tiberi, alcalde da municipalidade do Distrito V de París.

Esta exposición audiovisual consta dun total de 52 fotografías e un vídeo de 15 minutos realizados polos artistas de Monforte de Lemos Manuel Valcárcel, fotógrafo, e Alexandre González, músico.   Ambos realizaron unha peregrinación por Europa percorrendo Hungría, Eslovaquia, Austria, Eslovenia, Croacia, Italia, Francia e España.  Froito desta peregrinación e da súa visión persoal do Camiño é esta mostra itinerante que ao longo do ano 2011 visitou as cidades de Bucarest, Sofía, Zagreb e Santiago.  As fotografías recollen patrimonio, monumentos, peregrinos e todas as circunstancias do Camiño nas que estes artistas pousaron a súa particular mirada; no vídeo inclúese unha banda sonora orixinal de Alexandre González.

A exposición permanecerá ata o día  23 de xaneiro. 

Comentarios

Enviar un novo comentario

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.

Redes Sociais 

Xacobeo está en

Séguenos en

Participa no noso

Camino del Norte. Ribadeo-Lourenza_BarreirosThe WayConcurso The Way - AmigosThe WayThe WayConcurso The Way - Santiago de CompostelaGaliciaCamiño Inglés_Albergue de BrumaThe WayGaliciaUn grupo de peregrinos - 1954Peregrinos en el caminoPonte de VaosilveiroThe WayConcurso The Way - PeregrinosMiguelConcurso The Way - PeregrinosConcurso The Way - PeregrinosThe WayThe Way

No te pierdas