O Xacobeo participará na VII Edición da Feira Navartur que terá lugar en Pamplona entre os días 17 e 19 de febreiro 

Tamén dispoñible nos seguintes idiomas:
Versión para impresiónSend to friendPDF version
O Xacobeo participará na VII  Edición da Feira Navartur que terá lugar en Pamplona entre os días 17 e 19 de febreiro

A Xunta de Galicia, a través da S.A de Xestión do Plan Xacobeo, participará na Feira Internacional de Turismo Navartur que celebrará a súa sétima edición entre os días 17 e 19 de febreiro.  A feira terá lugar no “Palacio de Ferías y Congresos Baluarte”, de Pamplona, e ten un carácter mixto, para profesionais e público en xeral, o que se considera un formato idóneo para a promoción dos Camiños de Santiago.  A feira conta cun espazo expositivo de 6.000 m2 que ocuparán 150 expositores tanto de España como do estranxeiro.  O Xacobeo non só proporcionará información relativa aos Camiños senón tamén sobre Galicia como destino turístico. 

A feira compleméntase cunha importante oferta de actividades paralelas.  Destaca o III Congreso Internacional  de Turismo Rural que o pasado ano reuniu a máis de 350 participantes entre expertos e congresistas que achegaron experiencias innovadoras de Alemaña,  Austria, Gran Bretaña, Francia, Portugal e a propia España.  O congreso, considerado polos organizadores como o evento máis importante relacionado co Turismo Rural que se celebra no sur de Europa, centra o seu programa desta edición nos produtos culturais como motores do desenvolvemento nas áreas rurais.

Comentarios

Enviar un novo comentario

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.

Redes Sociais 

Xacobeo está en

Séguenos en

Participa no noso

Albergue de Mondoñedo, Camino del NorteVía de la Plata. Vía da PrataThe WayConcurso The Way - Santiago de CompostelaEl peregrino y su bicicletaThe WayConcurso The Way - GastronomíaVía de la Plata. Piñor CamiñoConcurso The Way - PeregrinosPeregrinos_ llegada a SantiagoConcurso The Way - Santiago de CompostelaConcurso The Way - PeregrinosConcurso The Way - GastronomíaCamino Francés. Pedrafita do Cebreiro. Baixada a LiñaresConcurso The Way - Santiago de CompostelaCamino Portugués. Pontevedra Santuario da PeregrinaCamiño Francés_Albergue deTriacastelargue 1Fachada del Obradoiro- Catedral de Santiago de CompostelaThe WayQueso

No te pierdas